Hoxe estivemos a reflexionar sobre o Día Mundial da Xustiza Social, que foi o 20 de febreiro, e queremos reivindicar a igualdade de dereitos para todos e todas.
Debemos deixar a un lado os prexuízos sociais, as etiquetas e os estereotipos, porque son perxudiciais xa que illan da sociedade, e sempre son un erro, as xeneralizacións son erróneas.
Hai moitos colectivos que sofren estes prexuízos, neste caso queremos falar da saúde mental, e dos estereotipos asociados ás persoas con enfermidade ou trastorno mental. Neste sentido, a Confederación FEAFES (Confederación Española de Agrupaciones de Familiares y Personas con Enfermedad Mental ) ten unha campaña de 2013, moi reveladora:
http://www.queremosserfelices.org/
Esta campaña reivindica os dereitos das persoas que teñen unha enfermidade ou trastorno mental, e busca acabar cos estereotipos (o que coñecemos coma o estigma da enfermidade mental), a través de un manifesto que recolle o seguinte:
Renuncio desde hoy y para siempre a intentar ser normal. Ni quisiera aparentarlo. Lo mejor de mí es aquello que me hace diferente.
Prometo que no discriminaré a nadie por tener manías, rarezas, comportamientos diferentes a los míos. En el fondo sé que, si nos miramos de cerca, nadie es normal.
Entiendo que alguien no es diferente por tener un problema de salud mental. Porque cualquiera puede pasar por esa situación.
Reconozco el derecho de toda persona a buscar su felicidad, en el modo que ella crea conveniente.
Me comprometo a luchar contra los prejuicios que nos etiquetan, nos reducen, nos encasillan… y nos separan sin sentido entre normales y extraños, locos y razonables, sanos y enfermos.
Yo tampoco me conformaré con ser normal, sino que buscaré ser feliz con todas mis fuerzas.
Ademais, tamén aportan diferentes vídeos:
Este primeiro que enlazamos, chámase “La primera etiqueta”.
https://www.youtube.com/watch?v=rWKLKR5VDuM
Amosa que unha persoa non é só unha etiqueta, ten máis de unha: todas as referentes aos seus aspectos positivos.
O seguinte vídeo, chámase “Qué pensarías si tu hija saliera con una persona con trastorno bipolar?”
https://www.youtube.com/watch?v=PaA_RcMRvCM
Amosa como a xente da respostas negativas sobre os trastornos mentais, prexuízos baseados na ignorancia, e como cambian de idea ao saber que os entrevistadores teñen un trastorno mental, e ver que poden facer as mesmas cousas que todo o mundo.