Os xogos da miña infancia. Mª Rosa Rivas

Continuando o taller literario, presentamos o traballo de Mª Rosa Rivas, relacionado con recordos da súa infancia.

Xogar ás pedras. Era o meu xogo favorito, xunto co balompé. Tódolos días no descanso da escola xogabamos con aquelas pedras que con tanto coidado gardábamos…Recordoas pulidas, redondeadas e case do mesmo tamaño, metiaas no meu maletín da escola feito de tablas e pintado desa cor vermella tan agradable…. Logo ó xuntarnos sacábamos as pedras e faciamos diferentes movementos: lanzar unha mentres recolles outra do chan e antes de que caia a primeira que lanzaches; tirar unha ó aire e mentres pasar a outra por unha ponte imaxinaria que faciamos colocando as mans…..Penso que eran cinco ou seis pedras, así que os movementos eran infinitos…

O Florón.  “El florón está en la mano, en la mano está el florón y no sabes quién lo tiene te quedarás de plantón… Corre florón! Corre florón!, mamalón! mamalón!”  Cántas flores arrancamos das ramas daquela árbore que medraba ó pe da escola….unha por cada vez que xogábamos a lo menos. Colocadas en círculo, as nenas xogabamos separadas dos nenos, unha de nós daba vóltas ó redor das demáis cantando a canción e logo lanzaba o ramo de flores a unha nena a cal tiña que cóllelo e atrapar á primeira antes de que dese toda a volta e lle collese o sitio no círculo. Se non a pillaba pasaba a levar o florón…

E tantos máis xogos que me divertían…nin sequera podo asegurar que as cancións fosen así exactamente, o número de pedras coas que se xogaba, pero o que sí recordo é o sentimento de satisfacción mentres xogaba ó balompé cunha pinareta no prado mentres lindábamos as vacas….non era de coiro, non era o balón oficial de ningunha competición, pero eramos felices….

Burro

Advertisements