Sociedade solidaria

Hoxe queremos falar da solidariedade. É un factor importante, consiste en axudar aos demais.

En primeiro lugar vimos un vídeo que amosa un experimento sobre a forma de compartir cousas, unha pizza neste caso. O resultado é que lle dan pizza a varias persoas e o único que comparte é o que menos recursos ten. Percibimos que a persoa sen fogar entende mellor o que é a necesidade e ten maior facilidade para compartir. Parece que canto máis se ten menos se comparte, é un máis egoísta, pero nós sabemos que podemos ter e compartir cos demais. O home sen fogar da unha lección de empatía e xenerosidade:

SOLIDARIDAD

https://www.youtube.com/watch?v=NPwBWG67nrI

O segundo vídeo que vimos plantexa unha forma de contaxiar e transmitir a solidariedade: a cadea de favores, que consiste en axudar a unha persoa que a súa vez, axude tamén a outras persoas. Cando unha persoa é axudada se contaxia o espírito de axudar e a felicidade.

integratzaile

https://www.youtube.com/watch?v=VAlluq1_P3U

O último vídeo que vimos anima a ser solidari@s, e amosa moitas formas de selo, aínda que sexan sinxelas, por exemplo axudando a alguén a non caer, escoitando aos demais, ofrecendo comida a alguén que o necesite, visitando a persoas con circunstancias complicadas, doando sangue, compartindo a faena, deixando sentar nos buses a aquelas persoas que o necesiten máis…

https://www.youtube.com/watch?v=SAzZxgKOcYw

0-Portada3

Todos xuntos, se nos unimos, cooperamos, damos exemplo, e somos máis fortes para conseguir os nosos obxectivos e facemos unha sociedade mellor.