Mente saudable en corpo saudable

Fai unas semanas estivemos a ver un documental acerca da industria alimentaria, chamado “Food Inc., no cal explicaban o funcionamento e poder desta industria.

Ao fío de este tema, hoxe vimos outro documental: Super Size Me que mostra o funcionamento dos restaurantes de comida rápida, e como afecta este tipo de alimentación ao noso corpo, a través dun documental no que o protagonista pasa 30 días a comer nuha famosa cadea de comida rápida.

Super_Size_Me-287476910-large

Tras o visionado, comprendemos que levar a cabo unha alimentación equilibrada é fundamental para ter unha vida saudable. Non é conveniente acudir a este tipo de establecementos, e en caso de facelo, debe ser en períodos moi amplos de tempo, e combinando cunha base de alimentación sá, e con exercicio físico.

spurlockkilos

A alimentación inflúe tanto no noso estado físico coma no noso estado de ánimo, polo que coidar o que comemos é fundamental para ter calidade de vida.

Por unha alimentación máis saudable

Hoxe co motivo do Día Mundial da Saúde, estivemos a ver o documental Food Inc., xa que este ano esta adicado a inocuidade dos alimentos. Refírese aos alimentos que non son perxudiciais para a saúde.

whohealthday2015_12e95

O documental amosa coma as grandes corporacións teñen o control sobre a nosa alimentación, de cada día. Tamén o teñen sobre os agricultores que son os que nos proporcionan esos alimentos.

Na actualidade chegamos ao punto de que é máis barato mercar un alimento procesado, ca un que non o foi. Nós queremos reivindicar a importancia da comida sá, hai diferentes xeitos de procurar levar unha alimentación saudable:

– Plantar e criar os nosos propios alimentos.

– Prestar atención á etiqueta dos produtos: saber que levan e de onde proceden. Hai que intentar mercar productos próximos ao noso lugar de residencia.

– Procurar mercar en establecementos máis pequenos.

– Hai que recordar que somos os consumidores e consumidoras os que debemos decidir o que mercamos, e que a nosa conduta pode cambiar o funcionamento das industrias, o curso das cousas que non nos gustan.

Tamén queremos reivindicar os dereitos dos animales, que deben ser tartados dun xeito máis humán, e ter unhas condicións de vida mellores que as que se presentan no documental.

Deixamos a ligazón, por se queredes velo:

background_home-01

https://vimeo.com/55992935