Formas de ver o amor

Fai uns días, estábamos reunidos/as e xurdiu un debate sobre a orientación sexual. É por iso, que hoxe en Non só palabras, queremos dedicar a entrada a este tema.

Estivemos a ver uns vídeos que amosan diversos aspectos sobre a sexualidade das persoas.

O primeiro que vimos, chámase “Animados en la diversidad”, e amosa que hai moitos tipos de persoas, coas súas características propias e que isto tamén afecta á sexualidade. Aínda que sexamos diferentes, somos iguais e debemos ter os mesmos dereitos e liberdades. O vídeo trata da cidade de Buenos Aires, pero pode servir como exemplo para calquera sitio do mundo. Enlace do vídeo:

https://www.youtube.com/watch?v=EOI0QyxItBU

Ao fío de ter os mesmos dereitos, e xa que vivimos en España, o seguinte vídeo que vimos, chámase: “Love Story – Breve recorrido por la lucha LGTB a favor del matrimonio igualitario en España”, que amosa como a historia foi evolucionando a favor dos dereitos de este colectivo, o que conseguiron elas e eles mesmos, mediante a reivindicación pacífica. Ligazón do video:

https://www.youtube.com/watch?v=yt_23dYbDKI

O terceiro vídeo que vimos reivindica a igualdade, a través de amosar que todos e todas temos os mesmos hábitos, rutina, costumes… teñamos a orientación sexual que teñamos. E termina cunha mensaxe sinxela: Se somos iguais, por que nos miras diferente?

https://www.youtube.com/watch?v=pI_5iJujsls

Para rematar vimos un corto que se titula “Mundo al revés: heterofobia”, que plantexa como sería tratada unha persoa heterosexual nun mundo onde prima a homosexualidade dentro dunha sociedade discriminatoria e con prexuízos. A partir de esta visión podemos entender máis doadamente coma se senten as persoas pertencentes ao colectivo LGTB. É un vídeo que amosa a realidade que viven nenos e nenas homosexuais cando chegan a adolescencia, historiais reais aínda que sexan duras.

https://www.youtube.com/watch?v=GKt7YqJ7Egw

noticias_file_foto_686901_1378720292

O corto reza o seguinte lema: A sexualidade non se elixe, descúbrese.

Tolerancia. A base do futuro.

Hoxe en “Non só palabras”, queremos incidir na necesidade de tolerancia, conmemorando o Día internacional para a eliminación  da discriminación racial, que foi o 21 de marzo.

Por este motivo vimos un documental sobre o Informe Raxen:

https://www.youtube.com/watch?v=TvaxB_9yULM

Amosa como se move a intolerancia nos grupos neofascistas, e como defenden os seus prexuízos a través da violencia. Estes grupos empregan o fútbol, ou a música para facer chegar aos demáis a súa ideoloxía, facendo adeptos. Ademais internet xoga un papel moi importante, xa que é coma unha ventá aberta que permite a estes grupos difundir as súas ideas sen control, e con impunidade. Estas ideas baséanse no odio cara os demais, aqueles que sexan diferentes, a través da violencia.

Aínda que non é necesario recurrir aos movementos extremos para atopar discriminación e racismo, xa que o hai en todas partes.

Unha das consecuencias de que o racismo estea presente en calquera ámbito da sociedade, é que os nenos e as nenas tamén o aprenden, e interiorizan como algo normal, e o podemos ver no seguinte vídeo, que amosa o racismo de nenas e nenos a través de un experimento con bonecos:

https://www.youtube.com/watch?v=6KBhvYpS7ns

21-de-marzo

Pensamos que o medio para atallar esta problemática é a educación, non soamente nas escolas, tamén na casa.

Cada un e unha de nós, temos un papel importante para poder cambiar esta situación que dana a tanta xente, a través do noso propio comportamento, criminalizando esas condutas, promovendo e fomentando a tolerancia, respectando as liberdades dos demais, e eliminando das nosas propias mentes os prexuízos, intentando situarnos no lugar dos demais para comprender mellor como se senten.

Sen discriminación

Hoxe dedicamos o blog á igualdade entre homes e mulleres, xa que o día 8 de marzo é o Día da Muller.

A igualdade entre homes e mulleres é a loita de cada día, de cada mes e cada ano. Ten que partir desde a infancia, nas escolas e institutos.

Este vídeo de Emma Watson en Nacións Unidas, explica perfectamente as diferenzas entre homes e mulleres, e ten unha mensaxe positiva, que anima á busca conxunta da igualdade. Todas e todos debemos colaborar.

https://www.youtube.com/watch?v=P8GQ2rWjpGw

Xa dende a infancia elixen os nosos xoguetes en función do noso sexo, tamén marcan estas diferenzas nos contos. Sen embargo cada día hai máis contos que buscan romper cos estereotipos e as etiquetas de xénero. Un é “La cenicienta que no quería comer perdices”, que amosa que as mulleres non precisan dun home para a felicidade. É o mesmo ao revés. Aquí o deixamos por se queredes botarlle una ollada:

http://www.mujeresenred.net/IMG/pdf/lacenicientaquenoqueriacomerperdices.pdf

Tamén hai outras iniciativas para a eliminación dos roles de xénero, coma este catálogo de xoguetes, que integra a nenos e nenas en diferentes tarefas:

http://verne.elpais.com/verne/2014/12/05/articulo/1417797173_124671.html

Cuestións coma a igualdade de sexos, deberían ser tratadas nas escolas. Os valores deberían ser una cuestión educativa máis para evitar comportamentos coma os do seguinte vídeo:

https://www.youtube.com/watch?v=Co_z_GbjbHY

O que é evidente, é que faltan moitos anos para a igualdade, por iso hai que comezar canto antes.

 a71ae6a2786cdfa2f52bbf7f949f501d

A importancia da vontade

Hoxe estivemos a ver dous contos que nos ensinaron moitas cousas.

O primeiro que vimos chamábase El cazo de Lorenzo, de Isabel Carrier.

Pensamos que Lorenzo transporta o cazo coma se fose unha enfermidade, ou unha dificultade. Nós consideramos que é moi importante que che entenda alguén cando tes unha dificultade, e tamén o é saber convivir con ela, sen complexos, porque sempre vas a atopar unha persoa ou persoas que te axuden, e así aumentar a autoestima. É necesario ter forza de vontade para seguir adiante, sen esquecer o máis importante que é estar ben cun mesmo, ter autoestima, quererse, e valorar as nosas propias habilidades, capacidades e puntos fortes.

descarga

https://www.youtube.com/watch?v=K0usZT3LGOQ

O outro conto que vimos chámase El punto, de Peter H. Reynolds, que nos fixo pensar que hai que superarse, porque de non facelo non temos a oportunidade de demostrarnos a nós mesmos canto valemos. Algunhas persoas teñen medo a intentalo, pero se non o fan, tampouco conseguirán os seus soños, ou obxectivos.

maxresdefault

https://www.youtube.com/watch?v=S7Cbif_9OjU

Ademais, en relación a isto queremos mostrarvos unhas imaxes de Mr. Wonderful, con frases concisas que revelan moito:

motivacion026cd3eb6cf7ff3bac11668f720cf8d0