As sete vidas da sabana

Hoxe presentamos o noso novo blog. Levamos un tempo escribindo noutro dominio:

http://nonsopalabras.blogspot.es/

Pero a partir de agora, utilizaremos esta web.

Queremos inaugurar esta nova etapa recomendándovos un documental que vimos hoxe: “Los 7 animales secretos de África”. O documental trata da vida de sete animais que teñen a súa actividade pola noite: porco formigueiro, xineta, porco espiño, gato montés africano, pangolín, serval, e a civeta.

https://www.youtube.com/watch?v=h-BrbuayBvs

Nun primeiro lugar, chamounos a atención as diversas formas de vivir que poden atoparse na sabana africana, concretamente como teñen estes animais o seu corpo adaptado á vida nocturna: visión, olfato,  oído… E como empregan estes sentidos para cazar, cada un ao seu xeito. Aínda que gocen de todos estes sentidos moito máis desenvolvidos, a súa vida non é sinxela, xa que teñen que convivir e sobrevivir aos instintos de depredadores de maior tamaño, sen embargo tamén xorden relacións de colaboración, que podemos ver no caso do porco formigueiro, que constrúe tocas que logo tamén usan outros animais para protexerse.

O documental aporta diferentes puntos de ver a sabana, onde de noite coma en moitas festas non se durme.

Nós como amantes da natureza que somos, disfrutamos moito de documentais coma este, e por iso que o recomendamos. Ademais os amosamos os dous animais que máis chamaron a nosa atención: o pangolín e o gato montés africano.

PANGOLÍN
Pangolín
GATO MONTÉS
Gato montés africano

Durante estes días completamos o blog coas entradas que xa tiñamos no outro. Podedes botarlle unha ollada!

O último latexo do clima

Despois de ver o documental “La Tierra, reflexionamos sobre o tema e chegamos a unha serie de conclusións.

 O cambio climático é evidente, e cremos que nese sentido non debería haber fronteiras, xa que Terra só temos unha.

images

Deberíamos ter máis contacto coa natureza, que por si mesma é unha experiencia, e realizar accións que favorezan o seu coidado e non a perxudiquen.

images (2)

Non soamente as persoas sufrimos as consecuencias dos cambios no clima, tamén animais e plantas, é por isto que debemos levar a cabo accións que protexan os diferentes ecosistemas que forman o medio ambiente, como as seguintes que están nas nosas mans:

–  Ser respectuosos co entorno e mantelo limpo (Non tirando os refugallos ao mar, nin a terra. Menor tala de  árbores, e queimas controladas).

–  Utilizar menos o coche (Utilizar o transporte público, a bicicleta, ou ir a pé).

–  Facer un uso adecuado da auga e da electricidade (Non deixar os grifos abertos, nin as luces prendidas).

–  Reciclaxe (Empregar os depósitos adecuados para cada material: vidro, plásticos, papel e cartón, etc.).

descarga images (1)

Esperamos que vos tamén pensedes sobre o tema e como actuar ao respecto, recomendamos o documental que vimos xa que mostra a natureza dun xeito moi didáctico, e favorece a reflexión sobre este tema, aquí o cebo:
https://www.youtube.com/watch?v=Nw0EAlQm6RY