Hoxe presentamos o noso novo blog. Levamos un tempo escribindo noutro dominio:
http://nonsopalabras.blogspot.es/
Pero a partir de agora, utilizaremos esta web.
Queremos inaugurar esta nova etapa recomendándovos un documental que vimos hoxe: “Los 7 animales secretos de África”. O documental trata da vida de sete animais que teñen a súa actividade pola noite: porco formigueiro, xineta, porco espiño, gato montés africano, pangolín, serval, e a civeta.
https://www.youtube.com/watch?v=h-BrbuayBvs
Nun primeiro lugar, chamounos a atención as diversas formas de vivir que poden atoparse na sabana africana, concretamente como teñen estes animais o seu corpo adaptado á vida nocturna: visión, olfato, oído… E como empregan estes sentidos para cazar, cada un ao seu xeito. Aínda que gocen de todos estes sentidos moito máis desenvolvidos, a súa vida non é sinxela, xa que teñen que convivir e sobrevivir aos instintos de depredadores de maior tamaño, sen embargo tamén xorden relacións de colaboración, que podemos ver no caso do porco formigueiro, que constrúe tocas que logo tamén usan outros animais para protexerse.
O documental aporta diferentes puntos de ver a sabana, onde de noite coma en moitas festas non se durme.
Nós como amantes da natureza que somos, disfrutamos moito de documentais coma este, e por iso que o recomendamos. Ademais os amosamos os dous animais que máis chamaron a nosa atención: o pangolín e o gato montés africano.


Durante estes días completamos o blog coas entradas que xa tiñamos no outro. Podedes botarlle unha ollada!