A NOITE DE SAN XOAN !!
Contan as lendas que, cando se pon o sol que ilumina o día do 23 de xuño, as “lareiras” das meigas se converten en improvisados laboratorios onde potes, ungüentos e conxuros mesturanse en misteriosas pocións como preámbulo do seu voo nocturno. Pero tamén “hailas” que deciden recibir o solsticio o amparo dos montes, en unha barca que surca o mar ou en reunións en descampados, covas, ríos e regatos , así como en campos despexados. De ahí que ata no lugar máis recóndito de Galicia se prenda unha lumeirada como símbolo purificador e protector. E o lume que, unha vez feito brasas, saltase ao berro de “Bruxas fóra” co fin de escorrentar os males que poidan vir . É, pois, o redor dunha lumeirada onde a simboloxía encontra o súa máxima expresión e presenza popular: reunidos en torno o lume, cantase, bailase , comese e sobre todo se bebe co fin de escorrentar os malos espíritos. É moi común por exemplo ver en calquera destas lumeiradas unha queimada ou un grupo de xente cantando , rindo e festexando unha festa das máis arraigadas na nosa terra.