Hoxe vimos un documental sobre a intelixencia emocional. En primeiro lugar, amosaba que hai moitos tipos de intelixencia. Sen embargo, se temos unha mala intelixencia emocional, ou non temos, a nosa vida é máis complicada, custa máis chegar ao éxito: tanto na nosa vida laboral, como familiar ou social.
A intelixencia emocional, por tanto, consiste no adecuado manexo das emocións e os sentimentos. O primeiro que debemos saber é que as emocións non son negativas, son todas positivas, aínda que sexan emocións coma o medo, ou a irritación ou o enfado… O que temos que facer con elas é non reprimilas, debemos escoitalas, aprender de elas e manexalas.
Como din no documental, estar enfadado non é malo, está ben, a cuestión é saber manexar ese enfado para chegar a un punto común.
Hai unha serie de habilidades que fan referencia á intelixencia emocional, por exemplo a empatía (Consiste en poñerse no lugar do outro), autocoñecemento e autocontrol, as relacións interpersoais entr outras. Dominalas non é sinxelo, xa que estas habilidades para a vida non as ensinan nas escolas, debemos aprendelas nós mesmos, a base de paus.
Deixamos o enlace do documental, por se queredes velo:
https://www.youtube.com/watch?v=Me92Hn1q76Q
Para rematar vos recomendamos os seguinte vídeo, que está cheo de optimismo-, chámase “Enfréntate a tus miedos. Se feliz, cree en ti”: