Superación e constancia derrubando barreiras

Hoxe en “Non só palabras queremos falar da entrevista a Pablo Pineda en “Viajando con Chester”.

Pablo Pineda foi a primeira persoa en Europa con Síndrome de Down en conseguir un título universitario. Na entrevista con Pepa Bueno, contou a súa vida desde a infancia, nos chamou a atención que decía que o seu pai o educou coma se non tivera nada diferente, como se nacera coma o resto dos seus irmáns, e iso foi o que o levou a ser autónomo e a non ter dependencia de ninguén.

Aínda que non temos porque estar de acordo con todas as opinións de Pablo, o que está claro é que mostra unha historia de superación, e que grazas a persoas coma él, que loitan polos seus dereitos, a sociedade está evolucionando e progresando, e a situación irá mellorando.

descarga

Non todos somos iguais, en realidade, todos somos diferentes. É por iso, que ninguén é normal. A palabra normalidade refírese á norma, pero todos e todas estamos fora de ela por algún motivo. Debemos apreciar as diferenzas individuais e colectivas, e enriquecernos delas.

Aquí deixamos o enlace da entrevista por se queredes vela:

http://www.cuatro.com/viajandoconchester/temporada-4/programa-3/pablo-pineda/Charla-integra-Pablo-Pineda_2_1977705022.html

Convivencia e igualdade

Hoxe queremos abordar o tema do estigma da enfermidade mental. O estigma é unha marca, unha etiqueta, causada pola falta de comprensión da sociedade. Esta incomprensión fomenta o illamento, falta de motivación, inseguridade…

Nós pensamos que a comunicación pode ser unha vía para ir eliminando eses prexuízos que causan e derivan do estigma. A comunicación permitiría ofrecer á sociedade a información necesaria para non rexeitar ás persoas con enfermidades mentais. Para isto é preciso ir eliminando a desinformación, ou información negativa, por exemplo deixando de relacionar casos de violencia coa enfermidade ou trastorno mental, xa que moi poucas persoas con enfermidade mental cometen actos violentos. Por outra banda, a educación tamén parece importante, xa que aínda que exista a información, debe haber unha base de habilidades sociais que permitan á sociedade ser comprensiva, empática, e tolerante coas diferenzas dos demais.

buzon_de_convivencia

Sen embargo, os protagonistas das enfermidades mentais, tamén ocupamos un papel fundamental no cambio social, que debe partir da superación, tanto emocional como física. As persoas con enfermidade mental deben tomar as rendas da súa propia vida, vivila en primeira persoa e disfrutar dela. Este é un bo xeito de romper cos estigmas sociais, convivindo, con todos e todas e entre todos e todas, e sen esquecer as reivindicacións de dereitos dunha vida normalizada.

convivir

Tolerancia. A base do futuro.

Hoxe en “Non só palabras”, queremos incidir na necesidade de tolerancia, conmemorando o Día internacional para a eliminación  da discriminación racial, que foi o 21 de marzo.

Por este motivo vimos un documental sobre o Informe Raxen:

https://www.youtube.com/watch?v=TvaxB_9yULM

Amosa como se move a intolerancia nos grupos neofascistas, e como defenden os seus prexuízos a través da violencia. Estes grupos empregan o fútbol, ou a música para facer chegar aos demáis a súa ideoloxía, facendo adeptos. Ademais internet xoga un papel moi importante, xa que é coma unha ventá aberta que permite a estes grupos difundir as súas ideas sen control, e con impunidade. Estas ideas baséanse no odio cara os demais, aqueles que sexan diferentes, a través da violencia.

Aínda que non é necesario recurrir aos movementos extremos para atopar discriminación e racismo, xa que o hai en todas partes.

Unha das consecuencias de que o racismo estea presente en calquera ámbito da sociedade, é que os nenos e as nenas tamén o aprenden, e interiorizan como algo normal, e o podemos ver no seguinte vídeo, que amosa o racismo de nenas e nenos a través de un experimento con bonecos:

https://www.youtube.com/watch?v=6KBhvYpS7ns

21-de-marzo

Pensamos que o medio para atallar esta problemática é a educación, non soamente nas escolas, tamén na casa.

Cada un e unha de nós, temos un papel importante para poder cambiar esta situación que dana a tanta xente, a través do noso propio comportamento, criminalizando esas condutas, promovendo e fomentando a tolerancia, respectando as liberdades dos demais, e eliminando das nosas propias mentes os prexuízos, intentando situarnos no lugar dos demais para comprender mellor como se senten.

Sen discriminación

Hoxe dedicamos o blog á igualdade entre homes e mulleres, xa que o día 8 de marzo é o Día da Muller.

A igualdade entre homes e mulleres é a loita de cada día, de cada mes e cada ano. Ten que partir desde a infancia, nas escolas e institutos.

Este vídeo de Emma Watson en Nacións Unidas, explica perfectamente as diferenzas entre homes e mulleres, e ten unha mensaxe positiva, que anima á busca conxunta da igualdade. Todas e todos debemos colaborar.

https://www.youtube.com/watch?v=P8GQ2rWjpGw

Xa dende a infancia elixen os nosos xoguetes en función do noso sexo, tamén marcan estas diferenzas nos contos. Sen embargo cada día hai máis contos que buscan romper cos estereotipos e as etiquetas de xénero. Un é “La cenicienta que no quería comer perdices”, que amosa que as mulleres non precisan dun home para a felicidade. É o mesmo ao revés. Aquí o deixamos por se queredes botarlle una ollada:

http://www.mujeresenred.net/IMG/pdf/lacenicientaquenoqueriacomerperdices.pdf

Tamén hai outras iniciativas para a eliminación dos roles de xénero, coma este catálogo de xoguetes, que integra a nenos e nenas en diferentes tarefas:

http://verne.elpais.com/verne/2014/12/05/articulo/1417797173_124671.html

Cuestións coma a igualdade de sexos, deberían ser tratadas nas escolas. Os valores deberían ser una cuestión educativa máis para evitar comportamentos coma os do seguinte vídeo:

https://www.youtube.com/watch?v=Co_z_GbjbHY

O que é evidente, é que faltan moitos anos para a igualdade, por iso hai que comezar canto antes.

 a71ae6a2786cdfa2f52bbf7f949f501d

Igualdade de dereitos: felicidade para todas e todos

Hoxe estivemos a reflexionar sobre o Día Mundial da Xustiza Social, que foi o 20 de febreiro, e queremos reivindicar a igualdade de dereitos para todos e todas.

Debemos deixar a un lado os prexuízos sociais, as etiquetas e os estereotipos, porque son perxudiciais xa que illan da sociedade, e sempre son un erro, as xeneralizacións son erróneas.

Hai moitos colectivos que sofren estes prexuízos, neste caso queremos falar da saúde mental, e dos estereotipos asociados ás persoas con enfermidade ou trastorno mental. Neste sentido, a Confederación FEAFES (Confederación Española de Agrupaciones de Familiares y Personas con Enfermedad Mental ) ten unha campaña de 2013, moi reveladora:

http://www.queremosserfelices.org/

Esta campaña reivindica os dereitos das persoas que teñen unha enfermidade ou trastorno mental, e busca acabar cos estereotipos (o que coñecemos coma o estigma da enfermidade mental), a través de un manifesto que recolle o seguinte:

Renuncio desde hoy y para siempre a intentar ser normal. Ni quisiera aparentarlo. Lo mejor de mí es aquello que me hace diferente.

Prometo que no discriminaré a nadie por tener manías, rarezas, comportamientos diferentes a los míos. En el fondo sé que, si nos miramos de cerca, nadie es normal.

Entiendo que alguien no es diferente por tener un problema de salud mental. Porque cualquiera puede pasar por esa situación.

Reconozco el derecho de toda persona a buscar su felicidad, en el modo que ella crea conveniente.

Me comprometo a luchar contra los prejuicios que nos etiquetan, nos reducen, nos encasillan… y nos separan sin sentido entre normales y extraños, locos y razonables, sanos y enfermos.

Yo tampoco me conformaré con ser normal, sino que buscaré ser feliz con todas mis fuerzas.

Ademais, tamén aportan diferentes vídeos:

Este primeiro que enlazamos, chámase “La primera etiqueta”.

https://www.youtube.com/watch?v=rWKLKR5VDuM

Amosa que unha persoa non é só unha etiqueta, ten máis de unha: todas as referentes aos seus aspectos positivos.

O seguinte vídeo,  chámase “Qué pensarías si tu hija saliera con una persona con trastorno bipolar?”

https://www.youtube.com/watch?v=PaA_RcMRvCM

Amosa como a xente da respostas negativas sobre os trastornos mentais, prexuízos baseados na ignorancia, e como cambian de idea ao saber que os entrevistadores teñen un trastorno mental, e ver que poden facer as mesmas cousas que todo o mundo.

carteles_queremoserfelices_a4