FERIA FRANCA MEDIEVAL: un retorno al Medievo.

cabeceramedieval

Celébrase desde 1998  en recordo da feira que tiña lugar nesta cidade durante o mes de novembro nos séculos XIV e XV. Nesta festa represéntanse escenas da propia historia betanceira coa colaboración e a participación das asociacións e os habitantes da propia cidade que fan de actores, bailaríns, nobres, campesiños, leprosos,titiriteros,cabaleiros,tendeiros,palilladoras,latoneros…etc..

As rúas e os balcóns do Casco Histórico de Betanzos son engalanados con teas e estandartes que representan os escudos das familias betanceiras do baixo medievo, para que sexa o máis parecido posible a unha viaxe ao pasado máis esplendoroso da cidade.

As representacións mais destacadas desta Feira Franca teñen que ver coa interpretación de escenas que marcaron de xeito importante o desenvolvemento e a cultura de Betanzos.Estas representación son:

  • A Chegada do Señor de Andrade á cidade, que fai referencia á concesión, por parte do rei Enrique IV do título oficial de CIDADE e á concesión do privilexio de poder realizar unha Feira Franca cada ano no mes de novembro.
  • Incendio da cidade.Un dos bens mais prezados na época eran os bocois de viño. Represéntase este feito histórico dun xeito entretido, cunha carreira de bocois de viño na rúa mais emblemática de aquela época (a rúa Travesa).
  • Batalla das Figueiras. e representa a negativa dos nobres e da xento do pobo a entregar ás tropas do rei musulmán Mauregato as cen doncelas que este requiría cada ano .Isto desembocou nunha cruenta batalla que venceron os betanceiros empregando como armas incluso as pólas de figueira.

 

  • A Revolta Irmandiña. epresentar como os habitantes de Betanzos e a súa comarca se rebelan contra o señor feudal da época. Recréase un xuízo da Santa.Inquisición e a posterior queima dunha meiga, que remata converténdose nun aquelarre.

tg_carrusel_cabecera_grande

A NOITE DE SAN XOAN

A NOITE DE SAN XOAN !!

gaiteiro

Contan as lendas que, cando se pon o sol que ilumina o día do 23 de xuño, as “lareiras” das meigas se converten en improvisados laboratorios onde potes, ungüentos e conxuros  mesturanse en misteriosas pocións como preámbulo do seu voo  nocturno. Pero tamén “hailas” que deciden recibir o solsticio o amparo dos montes, en unha barca que surca o mar ou en reunións en descampados, covas, ríos e regatos , así como en campos despexados. De ahí que ata no lugar máis recóndito de Galicia se prenda unha lumeirada como símbolo purificador e protector. E o lume que, unha vez feito brasas, saltase ao berro de “Bruxas fóra” co fin de escorrentar os males que poidan vir . É, pois, o redor dunha lumeirada onde a simboloxía encontra o súa máxima expresión e presenza popular: reunidos en torno o lume, cantase, bailase , comese e sobre todo se bebe co  fin de escorrentar os malos espíritos. É moi común por exemplo ver en calquera destas lumeiradas  unha queimada ou un grupo de xente cantando , rindo e festexando unha festa das máis arraigadas na nosa terra.

FOGUERA DE SAN JUAN EN PONIENTE.