Convivencia e igualdade

Hoxe queremos abordar o tema do estigma da enfermidade mental. O estigma é unha marca, unha etiqueta, causada pola falta de comprensión da sociedade. Esta incomprensión fomenta o illamento, falta de motivación, inseguridade…

Nós pensamos que a comunicación pode ser unha vía para ir eliminando eses prexuízos que causan e derivan do estigma. A comunicación permitiría ofrecer á sociedade a información necesaria para non rexeitar ás persoas con enfermidades mentais. Para isto é preciso ir eliminando a desinformación, ou información negativa, por exemplo deixando de relacionar casos de violencia coa enfermidade ou trastorno mental, xa que moi poucas persoas con enfermidade mental cometen actos violentos. Por outra banda, a educación tamén parece importante, xa que aínda que exista a información, debe haber unha base de habilidades sociais que permitan á sociedade ser comprensiva, empática, e tolerante coas diferenzas dos demais.

buzon_de_convivencia

Sen embargo, os protagonistas das enfermidades mentais, tamén ocupamos un papel fundamental no cambio social, que debe partir da superación, tanto emocional como física. As persoas con enfermidade mental deben tomar as rendas da súa propia vida, vivila en primeira persoa e disfrutar dela. Este é un bo xeito de romper cos estigmas sociais, convivindo, con todos e todas e entre todos e todas, e sen esquecer as reivindicacións de dereitos dunha vida normalizada.

convivir