Emocións trascendentais

Hoxe vimos un documental sobre a intelixencia emocional. En primeiro lugar, amosaba que hai moitos tipos de intelixencia. Sen embargo, se temos unha mala intelixencia emocional, ou non temos, a nosa vida é máis complicada, custa máis chegar ao éxito: tanto na nosa vida laboral, como familiar ou social.

Depositphotos_3910313_original

A intelixencia emocional, por tanto, consiste no adecuado manexo das emocións e os sentimentos. O primeiro que debemos saber é que as emocións non son negativas, son todas positivas, aínda que sexan emocións coma o medo, ou a irritación ou o enfado… O que temos que facer con elas é non reprimilas, debemos escoitalas, aprender de elas e manexalas.

Como din no documental, estar enfadado non é malo, está ben, a cuestión é saber manexar ese enfado para chegar a un punto común.

Hai unha serie de habilidades que fan referencia á intelixencia emocional, por exemplo a empatía (Consiste en poñerse no lugar do outro), autocoñecemento e autocontrol, as relacións interpersoais entr outras. Dominalas non é sinxelo, xa que estas habilidades para a vida non as ensinan nas escolas, debemos aprendelas nós mesmos, a base de paus.

Deixamos o enlace do documental, por se queredes velo:

https://www.youtube.com/watch?v=Me92Hn1q76Q

feliz1

Para rematar vos recomendamos os seguinte vídeo, que está cheo de optimismo-, chámase “Enfréntate a tus miedos. Se feliz, cree en ti”:

https://www.youtube.com/watch?v=gLxo4wtvNFg

Advertisements

O MUNDO DA RECICLAXE

RECICLAJE MUNDOOHoxe queremos falarvos sobre un tema moi importante, ARECICLAXE.
Cremos que importante concienciar sobre este tema xa aféctanos a todos.Cremos que existen unha series de condicións para que axente non se motive para relizar ista labor.Por unha parte,cremos que faltan recursos como poñer contenedores  para os diversos materiais a desbotar nos pobos ou aldeas, xa que pensamos que son zonas mais abandonadas neste ámbito.

Por outra parte  cremos que é de debido a unha falta de EDUCACIÓN, xa que dende pequenos non estamos debidamente informados , polo que non o facemos.

Queremos ensinarvos unha datos que nos chamaron moito a atención:

  • Un anaco de papel tarde 1 ano en degradarse na natureza.
  • Os filtros de tabaco tarda de 1 a 2 anos en degradarse.
  • Una lata de refresco tarda 10 anos.
  • Un anaco de plástico tarda 100 anos en desintegrarse.
  • Una bolsa de plástico tarda de 100 a 1000 anos en desfacerse na natureza
  • O Vidro tarda 4.000 anos.

Despois de todos este datos, nos damos de conta que a solución reside tanto na educación nas escolas como nos fogares, tanto para pequenos como para os adultos. Xa que se dende pequenos, practicamos a reciclaxe, de maiores o faremos coma costume.

https://www.youtube.com/watch?v=2Q5dRzuJaZI

Por último, queremos destacar a importancia da reutilizacíon, xa que moitos dos materiais que utilizamos diariamente, poden ser transformados e  utilizalos para mais usos. Aquí os dejamos un vídeo para que vexades as diferentes formas de reutilizar:

https://www.youtube.com/watch?v=FBGAsC3uvJ0

A importancia da vontade

Hoxe estivemos a ver dous contos que nos ensinaron moitas cousas.

O primeiro que vimos chamábase El cazo de Lorenzo, de Isabel Carrier.

Pensamos que Lorenzo transporta o cazo coma se fose unha enfermidade, ou unha dificultade. Nós consideramos que é moi importante que che entenda alguén cando tes unha dificultade, e tamén o é saber convivir con ela, sen complexos, porque sempre vas a atopar unha persoa ou persoas que te axuden, e así aumentar a autoestima. É necesario ter forza de vontade para seguir adiante, sen esquecer o máis importante que é estar ben cun mesmo, ter autoestima, quererse, e valorar as nosas propias habilidades, capacidades e puntos fortes.

descarga

https://www.youtube.com/watch?v=K0usZT3LGOQ

O outro conto que vimos chámase El punto, de Peter H. Reynolds, que nos fixo pensar que hai que superarse, porque de non facelo non temos a oportunidade de demostrarnos a nós mesmos canto valemos. Algunhas persoas teñen medo a intentalo, pero se non o fan, tampouco conseguirán os seus soños, ou obxectivos.

maxresdefault

https://www.youtube.com/watch?v=S7Cbif_9OjU

Ademais, en relación a isto queremos mostrarvos unhas imaxes de Mr. Wonderful, con frases concisas que revelan moito:

motivacion026cd3eb6cf7ff3bac11668f720cf8d0

Realidades distorsionadas, as contradicións do mundo

Hoxe estivemos a ver unas ilustracións de  Pawel Kuczynski, un artista polaco que trata de mostrarnos as contradicións do día a día: o comportamento dos políticos, as diferenzas na calidade de vida en función da nosa procedencia, a influenza das novas tecnoloxías, as consecuencias das guerras…

Concretamente nos chamaron a atención catro imaxes:

 a13

Esta primeira ilustración fainos reflexionar sobre as diferenzas que hai na vida dos nenos e nenas dependendo de onde sexan. Reflexa que hai moitos que teñen pouco, e poucos que teñen moito, e falta de empatía por parte do mundo privilexiado.

a22

Esta segunda ilustración mostra cómo os nenos reproducen o que ven e teñen cerca. Pide a reflexión de que as medidas de prevención non sexan soamente físicas ou materiais, a prevención tamén debe partir da educación e dos valores, para que nenos e nenas non reproduzan os mesmos erros cos  adultos. 

a30

Esta imaxe reflexa a desesperación do pobo africano, que na ilustración prende lume ao campo para recoller a auga da extinción do incendio, para bebela. É unha chamada de atención aos países do norte.

a31

Finalmente nesta última ilustración vemos como uns operarios pintan o fume que sae dunha cheminea industrial. Invita a reflexionar sobre a importancia de tomar medidas antes de chegar a ese punto de contaminación.

 

Os convidamos a reflexionar sobre as desigualdades sociais. Nos cremos que é importante ter conciencia social, e estar educados en valores. Deixamos o enlace da web do artista por se queredes ollar as demais ilustracións:

http://www.pawelkuczynski.com/index.php