Convivencia e igualdade

Hoxe queremos abordar o tema do estigma da enfermidade mental. O estigma é unha marca, unha etiqueta, causada pola falta de comprensión da sociedade. Esta incomprensión fomenta o illamento, falta de motivación, inseguridade…

Nós pensamos que a comunicación pode ser unha vía para ir eliminando eses prexuízos que causan e derivan do estigma. A comunicación permitiría ofrecer á sociedade a información necesaria para non rexeitar ás persoas con enfermidades mentais. Para isto é preciso ir eliminando a desinformación, ou información negativa, por exemplo deixando de relacionar casos de violencia coa enfermidade ou trastorno mental, xa que moi poucas persoas con enfermidade mental cometen actos violentos. Por outra banda, a educación tamén parece importante, xa que aínda que exista a información, debe haber unha base de habilidades sociais que permitan á sociedade ser comprensiva, empática, e tolerante coas diferenzas dos demais.

buzon_de_convivencia

Sen embargo, os protagonistas das enfermidades mentais, tamén ocupamos un papel fundamental no cambio social, que debe partir da superación, tanto emocional como física. As persoas con enfermidade mental deben tomar as rendas da súa propia vida, vivila en primeira persoa e disfrutar dela. Este é un bo xeito de romper cos estigmas sociais, convivindo, con todos e todas e entre todos e todas, e sen esquecer as reivindicacións de dereitos dunha vida normalizada.

convivir

Advertisements

A importancia da vontade

Hoxe estivemos a ver dous contos que nos ensinaron moitas cousas.

O primeiro que vimos chamábase El cazo de Lorenzo, de Isabel Carrier.

Pensamos que Lorenzo transporta o cazo coma se fose unha enfermidade, ou unha dificultade. Nós consideramos que é moi importante que che entenda alguén cando tes unha dificultade, e tamén o é saber convivir con ela, sen complexos, porque sempre vas a atopar unha persoa ou persoas que te axuden, e así aumentar a autoestima. É necesario ter forza de vontade para seguir adiante, sen esquecer o máis importante que é estar ben cun mesmo, ter autoestima, quererse, e valorar as nosas propias habilidades, capacidades e puntos fortes.

descarga

https://www.youtube.com/watch?v=K0usZT3LGOQ

O outro conto que vimos chámase El punto, de Peter H. Reynolds, que nos fixo pensar que hai que superarse, porque de non facelo non temos a oportunidade de demostrarnos a nós mesmos canto valemos. Algunhas persoas teñen medo a intentalo, pero se non o fan, tampouco conseguirán os seus soños, ou obxectivos.

maxresdefault

https://www.youtube.com/watch?v=S7Cbif_9OjU

Ademais, en relación a isto queremos mostrarvos unhas imaxes de Mr. Wonderful, con frases concisas que revelan moito:

motivacion026cd3eb6cf7ff3bac11668f720cf8d0

Vivenzas baseadas nas diferenzas

Hoxe vimos dúas curtametraxes de animación e estivemos a reflexionar sobre elas.

A primeira chamábase “La Luna”, tras o seu visionado chegamos á conclusión de que cada un fai o que quere e é o que ten que tomar a última decisión. Malia isto debemos aprender das diferenzas, xa que a diversidade é enriquecedora. Tamén debemos ser tolerantes coas ideas dos demais, favorecendo o diálogo para buscar e chegar ao entendemento.

En ocasións os nenos e as nenas poden ter máis sabedoría cos adultos.

A outra que vimos, chamábase “Partly Cloudy”, e falando sobre o argumento chegamos á reflexión de que a vida debe seguir adiante, calquera ser vivo debe nacer, dando igual a súa condición e aspecto. Todos os seres vivos son válidos, e debemos evitar a discriminación. Para isto hai que respectar as diferenzas individuais, e ser tolerante coas diferentes crenzas, costumes, sexos, e etnias.

É mellor o entendemento que a discrepancia para buscar e achar as solucións, para o que é axeitado practicar a empatía.

Aquí deixamos os enlaces das curtametraxes que vimos:

Partly Cloudy

partlycloudy

https://www.youtube.com/watch?v=-a6Pe1ovKHg
                            La  Luna

descarga

 https://www.youtube.com/watch?v=1NsKokhM4EY

 

Todos os peces teñen un lugar no mar

Peces-de-colores-en-el-mar