Formas de ver o amor

Fai uns días, estábamos reunidos/as e xurdiu un debate sobre a orientación sexual. É por iso, que hoxe en Non só palabras, queremos dedicar a entrada a este tema.

Estivemos a ver uns vídeos que amosan diversos aspectos sobre a sexualidade das persoas.

O primeiro que vimos, chámase “Animados en la diversidad”, e amosa que hai moitos tipos de persoas, coas súas características propias e que isto tamén afecta á sexualidade. Aínda que sexamos diferentes, somos iguais e debemos ter os mesmos dereitos e liberdades. O vídeo trata da cidade de Buenos Aires, pero pode servir como exemplo para calquera sitio do mundo. Enlace do vídeo:

https://www.youtube.com/watch?v=EOI0QyxItBU

Ao fío de ter os mesmos dereitos, e xa que vivimos en España, o seguinte vídeo que vimos, chámase: “Love Story – Breve recorrido por la lucha LGTB a favor del matrimonio igualitario en España”, que amosa como a historia foi evolucionando a favor dos dereitos de este colectivo, o que conseguiron elas e eles mesmos, mediante a reivindicación pacífica. Ligazón do video:

https://www.youtube.com/watch?v=yt_23dYbDKI

O terceiro vídeo que vimos reivindica a igualdade, a través de amosar que todos e todas temos os mesmos hábitos, rutina, costumes… teñamos a orientación sexual que teñamos. E termina cunha mensaxe sinxela: Se somos iguais, por que nos miras diferente?

https://www.youtube.com/watch?v=pI_5iJujsls

Para rematar vimos un corto que se titula “Mundo al revés: heterofobia”, que plantexa como sería tratada unha persoa heterosexual nun mundo onde prima a homosexualidade dentro dunha sociedade discriminatoria e con prexuízos. A partir de esta visión podemos entender máis doadamente coma se senten as persoas pertencentes ao colectivo LGTB. É un vídeo que amosa a realidade que viven nenos e nenas homosexuais cando chegan a adolescencia, historiais reais aínda que sexan duras.

https://www.youtube.com/watch?v=GKt7YqJ7Egw

noticias_file_foto_686901_1378720292

O corto reza o seguinte lema: A sexualidade non se elixe, descúbrese.

Advertisements