OS CANEIROS

EN BETANZOS NON HAI FESTA SEN O GLOBO E OS CANEIROS

OS CANEIROS

Esta festa celébrase do 18 ao 25 de Agosto, dende 1880 e é unha das dúas partes máis importantes das festas de San Roque. É unha festa centenaria, as lanchas subían o río a remo e sen motor ata “Os Caneiros”, explanada á veira do río Mandeo que lle da nome á festa, nunha delas, subían as autoridades, e maila raíña das festas, tradición que sigue viva. Co tempo, os Caneiros, sen perder a súa identidade, pasou de ser un punto de reunión onde as familias de Betanzos xuntábanse para xantar, cantar, bailar, etc., a  unha festa dominada máis pola xuventude que polas familias, convertíndose nunha “trampa” da que non escaparás sen bañarte en vino.

Os caneiros é un traxecto de 4 km, os participantes van provistos de comida e bebida a esgalla, degustandoa ao longo do río, profirindo cantos, e incluso algunhas barcas, levan a súa propia música e van todas engalanadas. Pero non por ir de troula hai que esquecer a seguridade, e hai que navegar con coidado porque segue sendo un río. Así que benvidos seádes e “coidadiño co viño”.

1219094668181_CANEIROS025_753caneirosiv

“A festa dexenerou moito nos últimos 30 anos”

“Eu creo que co tempo tornará a ser a festa que era”

“Os Caneiros son e serán unha tradición que sempre volverá a ser”

“Unha tradición para ben”

“Debería ser unha festa como antes, máis familiar, porque agora van todolos xoves e cuadrillas e antes iban as familias xuntas”

“A festa está ben, pero na súa xusta medida”

Son algunhas das opinións da xente de Betanzos, como vedes algunhas máis positivas que outras pero con ganas de que volva a ser a festa que lles namoraba de pequenos.

Xira_dos_caneiros

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s