Sempre hai algo positivo. A felicidade ao alcance das nosas mans.

Hoxe vimos un documental sobre o Síndrome de Tourette, que se chamaba “Gente Extraordinaria: Malditos tics”.

https://www.youtube.com/watch?v=rSyPsjGbMJA

Este síndrome consiste nunha enfermidade neurolóxica que se manifesta en forma de tics, que poden ser tanto físicos coma verbais. O documental amosaba a historia de varias persoas con este síndrome e como se superaban para conseguir os seus obxectivos.

Nós reflexionamos sobre o que vimos, e chegamos a conclusión de que non debemos tirar a toalla, nin rendernos. As persoas protagonistas do documental, son un exemplo de circunstancias moi complicadas, que foron superadas, a partir de asumir a propia enfermidade.

Estas ensinanzas que sacamos do visionado, poden trasladarse a outros contextos, xa sexan outras situacións, ou outras enfermidades.

Afrontar a vida de forma positiva é un paso clave para conseguir os nosos obxectivos, sen esquecer que a felicidade é un bo fin, pero que tamén debe ser o noso vehículo de vida. Ás veces non é doado afrontar a vida con optimismo, xa que hai baches, problemas, etc., pero é neses momentos nos que aínda máis debemos lembrar os aspectos positivos da nosa vida, as cousas que nos fan afortunados.

 BEqJXRDCUAAAZNn

Pero queremos recalcar, que aínda que a vontade de superación é fundamental, tamén é moi importante contar coa comprensión dos demais, para poder levar a cabo unha vida normalizada.

Por iso queremos rematar esta entrada no blog, cun fragmento dunha película que vimos a semana pasada “En busca de la felicidad”:

https://www.youtube.com/watch?v=0gHPZ1iuueg

Porque todo o mundo pode chegar moi lonxe, e conquistar os seus obxectivos. Xa sexa profesional ou persoalmente.

felicidad

Non deixes que ninguén che diga o que non podes facer.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s