Hoxe en “Non só palabras”, queremos incidir na necesidade de tolerancia, conmemorando o Día internacional para a eliminación da discriminación racial, que foi o 21 de marzo.
Por este motivo vimos un documental sobre o Informe Raxen:
https://www.youtube.com/watch?v=TvaxB_9yULM
Amosa como se move a intolerancia nos grupos neofascistas, e como defenden os seus prexuízos a través da violencia. Estes grupos empregan o fútbol, ou a música para facer chegar aos demáis a súa ideoloxía, facendo adeptos. Ademais internet xoga un papel moi importante, xa que é coma unha ventá aberta que permite a estes grupos difundir as súas ideas sen control, e con impunidade. Estas ideas baséanse no odio cara os demais, aqueles que sexan diferentes, a través da violencia.
Aínda que non é necesario recurrir aos movementos extremos para atopar discriminación e racismo, xa que o hai en todas partes.
Unha das consecuencias de que o racismo estea presente en calquera ámbito da sociedade, é que os nenos e as nenas tamén o aprenden, e interiorizan como algo normal, e o podemos ver no seguinte vídeo, que amosa o racismo de nenas e nenos a través de un experimento con bonecos:
https://www.youtube.com/watch?v=6KBhvYpS7ns
Pensamos que o medio para atallar esta problemática é a educación, non soamente nas escolas, tamén na casa.
Cada un e unha de nós, temos un papel importante para poder cambiar esta situación que dana a tanta xente, a través do noso propio comportamento, criminalizando esas condutas, promovendo e fomentando a tolerancia, respectando as liberdades dos demais, e eliminando das nosas propias mentes os prexuízos, intentando situarnos no lugar dos demais para comprender mellor como se senten.