Hoxe co motivo do Día Mundial da Saúde, estivemos a ver o documental Food Inc., xa que este ano esta adicado a inocuidade dos alimentos. Refírese aos alimentos que non son perxudiciais para a saúde.
O documental amosa coma as grandes corporacións teñen o control sobre a nosa alimentación, de cada día. Tamén o teñen sobre os agricultores que son os que nos proporcionan esos alimentos.
Na actualidade chegamos ao punto de que é máis barato mercar un alimento procesado, ca un que non o foi. Nós queremos reivindicar a importancia da comida sá, hai diferentes xeitos de procurar levar unha alimentación saudable:
– Plantar e criar os nosos propios alimentos.
– Prestar atención á etiqueta dos produtos: saber que levan e de onde proceden. Hai que intentar mercar productos próximos ao noso lugar de residencia.
– Procurar mercar en establecementos máis pequenos.
– Hai que recordar que somos os consumidores e consumidoras os que debemos decidir o que mercamos, e que a nosa conduta pode cambiar o funcionamento das industrias, o curso das cousas que non nos gustan.
Tamén queremos reivindicar os dereitos dos animales, que deben ser tartados dun xeito máis humán, e ter unhas condicións de vida mellores que as que se presentan no documental.
Deixamos a ligazón, por se queredes velo: