A risa é a distancia máis curta entre dúas persoas (V. Borge)

Hoxe en Non só palabras, queremos falarvos da autoestima. A autoestima é o valor que nos damos a nós mesmos, o amor propio.

Para que nos respeten e queran, o primeiro e fundamental, é respetarnos e querernos a nós mesmos. A autoestima axuda a estar máis contentos, a afrontar mellor os problemas, a coidarse e a estar feliz.

Hai moitas cousas que poden baixar a nosa autoestima, pero se está asentada nuns pilares fortes e firmes é moi difícil botala abaixo. Por iso hai que ter autocontrol para relativizar os problemas e as cousas que nos pasan, e non esquecer os nosos puntos fortes e o que valemos.

Falando da autoestima, estivemos a ver uns vídeos, o primeiro amosaba as diferenzas entre a percepción que temos de nós mesmos e a que teñen os demáis, e sacamos en conclusión que debemos aprender a valorarnos máis, a ser máis flexibles con nós mesmos e non esixirnos tanto.

https://www.youtube.com/watch?v=sEsEYP7YQX4

O segundo vídeo ensina que é difícil, en ocasións, quererse a un mesmo, pero no momento que traspasamos esa fronteira, todo son beneficios. A mente é moi poderosa, se nos repetimos unha e outra vez o pouco que valemos, a nosa mente o creerá, pero ao revés tamén funciona, por iso é moi importante recordarnos canto nos queremos, e o importantes que somos.

https://www.youtube.com/watch?v=0veDyRVv9KE

Ao fío de que somos moi importantes, tamén vimos un vídeo de motivación que invita a facer as cousas que nos fan felices, e afirma que podemos ser o que queiramos ser: se queremos ser felices, podemos.

https://www.youtube.com/watch?v=Pc-WiWrSUKU

Moitas veces temos medo ao descoñecido, a saír da nosa zona de confort, pero se saímos podemos atopar cousas boas que nos fagan felices, e ampliar esa zona de confort, aínda ca nun primeiro momento sintamos vértigo. A superación é un paso importante para ser felices.

https://www.youtube.com/watch?v=i07qz_6Mk7g

Por último, vimos un vídeo sobre o poder do sorriso: favorece a nosa autoestima, axuda a ser felices, a que os demáis teñan unha percepción máis positiva de nós… A sonrisa é un dos antidepresivos máis eficaces ¡!

https://www.youtube.com/watch?v=2lv1A_S-sBw

sonrisa

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s