O último latexo do clima

Despois de ver o documental “La Tierra, reflexionamos sobre o tema e chegamos a unha serie de conclusións.

 O cambio climático é evidente, e cremos que nese sentido non debería haber fronteiras, xa que Terra só temos unha.

images

Deberíamos ter máis contacto coa natureza, que por si mesma é unha experiencia, e realizar accións que favorezan o seu coidado e non a perxudiquen.

images (2)

Non soamente as persoas sufrimos as consecuencias dos cambios no clima, tamén animais e plantas, é por isto que debemos levar a cabo accións que protexan os diferentes ecosistemas que forman o medio ambiente, como as seguintes que están nas nosas mans:

–  Ser respectuosos co entorno e mantelo limpo (Non tirando os refugallos ao mar, nin a terra. Menor tala de  árbores, e queimas controladas).

–  Utilizar menos o coche (Utilizar o transporte público, a bicicleta, ou ir a pé).

–  Facer un uso adecuado da auga e da electricidade (Non deixar os grifos abertos, nin as luces prendidas).

–  Reciclaxe (Empregar os depósitos adecuados para cada material: vidro, plásticos, papel e cartón, etc.).

descarga images (1)

Esperamos que vos tamén pensedes sobre o tema e como actuar ao respecto, recomendamos o documental que vimos xa que mostra a natureza dun xeito moi didáctico, e favorece a reflexión sobre este tema, aquí o cebo:
https://www.youtube.com/watch?v=Nw0EAlQm6RY

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s